Saltar ao contido principal

Serra da Tramuntana


A serra da Tramuntana é o cordal que separa a illa de Mallorca do Mediterraneo polo leste. Ao tratarse de montañas que limitan directamente co mar, as paisaxes e contrastes que ten son impresionantes



Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Estrada de Sa Calobra

Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Acceso


Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
No interior do Torrent del Paradis

Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
A grandeza do Torrent


Torrent del Paradis



Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Sa Calobra

Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Derradeiras luces na estrada de Sa Calobra


Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Pas de Na Bel


Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Cara o Puig Massanella 

Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Baixada do Massanella

Serra da tramuntana Mallorca fotos imagenes
Bosque da Tramuntana


Dende 2011 forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco. A cantidade de lugares, paisaxes, miradoiros, pobos colgados da montaña que ten é inabarcable nuns poucos días. Dende a peninsula de Andraxt ata Cap Formentor hai infinidade de sitios en los que paga a pena pararse a gozar deles. Esta pequena selección de fotos corresponde ao Torrent del Pareis e a subida ao Puig Massanella. Non semella mala selección, xa que combina as partes máis altas da serra co seu escarpado contacto do mar. Pero probablemente quede corta ante a cantidade de lugares que ten a Tramuntana.

O Puig de Massanella é o segundo cumio de Mallorca. O primeiro é o Puig Major, pero é zona militar e non se pode acceder sen permiso. Para subir escollemos a alternativa do Pas de na Bel, unha pequena canal que se abre entre as paredes do Masanella, e para baixar a ruta tradicional. Quedamos a uns metros do cumio, xa que os ventos que había no alto eran tan fortes e con tanto refacho que en ocasións tirabannos ao chan. Tivemos mala sorte, xa que daban alerta laranxa por vento nos días que estivemos na illa, algo pouco habitual, seica. Pero non tan mala xa que puidemos chegar ben cerca e admirar as vistas que ten a ascensión, nas que se pode ver toda a illa. Iso si, non sen sufrir unha pequena granizada.

Din que o Torrent de Pareis é o carreiro máis espectacular de Mallorca. Nós so vimos o tramo final, ao que se accede pola sinuosa carretera de Sa Calobra (que chega a ter unha curva de 270 grados). Nesta parte final do torrent un sintese pequeno neste impresionante desfiladero. Tivemos a sorte de estar completamente sos entre as enormes paredes que conformou a auga na sua chegada ao mar. En lugares como Mallorca hai que escoller entre tranquilidade e bo tempo.


-x-

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.