Saltar ao contido principal

O Outeiro Grande

O Outeiro Grande é o punto máis alto dos montes de Coruxo (xunto co alto do Mauxo Grande, que ten unha cota similar) con 450m de altura. Non sei se pertence a Vigo, ou a Nigrán, ou se é o límite de ambas.

-x-

El Outeiro Grande es el punto más alto de los montes de Coruxo (junto con el alto de Mauxo Grande, que tiene una cota similar), con 450m sobre o nivel do mar. No sé si pertenece a Vigo o a Nigrán, o si es el límite de ambas.




Outeiro Grande

Avistando Nigrán

Amencer sobre o Galiñeiro


Monte Castelo dendo o Outeiro

Cara a névoa

A saida do Sol


Recomenzar



Vista dende Outeiro Grande

Derradeiras luces sobre Nigran e Baiona

A caseta dos cazadores

Solpor en Outeiro Grande



Alcanzase facilmente por pistas, ou dificultosamente por camiños empinados (en Coruxo sempre hai variedade para escoller). O caso é que resulta un miradoiro espectacular. 


Dende o Outeiro Grande, cara o interior vese a serra do Galiñeiro, con Monte Alba e Cepudo diante, e Chandebrito e os seus arredores ao baixo. 


Por mor dos lumes do 2017, dos arredores de Chandebrito so quedan as sinuosas pistas. Cando a repoboación xa iniciada dea os seus resultados admirarase un nutrido bosque autóctono dende o alto. 

Cara o Sur, divisase a Grova, a Virxe da Barca, Cabo Silleiro e todo Nigrán, ata Monte Castelo. Hacia o Norte temos Vigo, e o resto dos pequenos cumios do monte, os caracteristicos dentes que dan forma á silueta de Coruxo.


Pero o que me chamou a atención deste lugar, o que o fai máis fotoxénico, é -  ademáis dos seus impoñentes penedos - a caseta dos cazadores. A modo de facho érguese dominando o mar e a montaña. Dando abrigo dos ventos que castigan o cumio no inverno, ou do Sol cando queima no vran. 

Escoitei unha vez, non sei se é certo, que nos arredores do Outeiro Grande hai una pequena grota, onde se agocharon republicanos despois da guerra civil. Pero a historia rematou mal: Foron atopados e fusilados.


O Outeiro Grande ardeu no 17. Ainda quedan restos de piñeiros negros como testemuña. E volverá a arder no futuro. Maila os esforzos de comuneiros e voluntari@s, na parte alta de coruxo estase xestando un eucaliptal nado a partir da desfeita dos lumes. O australiano sempre sae o primeiro con sol e auga. E aquí arriba hai dabondo. De modo que, se ninguén o remedia, volverá a establecerse un polvorin nas alturas de Vigo.

Maila as ameazas ás que está exposto, pódese seguir desfrutando deste lugar afastado  e o mesmo tempo tan cercano.

-x-

Se alcanza fácilmente por pistas, o dificultosamente por caminos empinados (en Coruxo siempre hay variedad para escoger). El caso es que resulta un mirador espectacular.


Desde el Outeiro Grande, hacia el interior se ve la sierra del Galiñeiro, con Monte Alba y Cepudo delante, y Chandebrito y sus alrededores debajo 



A causa de los fuegos del 2017, de los alrededores de Chandebrito solo se ven las sinuosas pistas. Cuando la repoblación ya iniciada dé sus resultados, se admirará un nutrido bosque autóctono desde lo alto. 

Hacia el sur, se divisa la sierra de la Grova, la Virgen de la Barca, Cabo Silleiro y todo Nigrán, hasta monte Castelo. Hacia el norte tenemos Vigo, y el resto de pequeñas cumbres del monte, los característicos dientes que dan forma a la silueta de Coruxo.

Pero lo que me llamó la atención de este lugar, lo que lo hace aún más fotogénico, es - además de sus imponentes rocas - la caseta de los cazadores. A modo de facho se alza dominando el mar y la montaña. Dando abrigo de los vientos que castigan la cumbre en invierno, y protegiendo del sol cuando aprieta en verano. 

Escuché una vez, no se si es cierto, que hay en los alrededores del Outeiro grande una pequeña cueva, donde se escondieron republicanos despues de la guerra civil. La historia terminó mal: Fueron encontrados y fusilados.

El Outeiro grande ardió en el 17. Aún quedan restos de pinos calcinados como testigos. Y volverá a arder en el futuro. A pesar de esfuerzos de comuneros y voluntariado, en la parte alta de Coruxo se está gestando un eucaliptal nacido a partir del desastre del fuego. El australiano siempre sale el primero con sol y agua. Y aquí non faltan. De modo que, si nadie lo remedia, volverá a establecerse un polvorín en las alturas de Vigo.

A pesar de las amenazas a las que está expuesto, se puede seguir disfrutando de este lugar alejado pero a la vez tan cercano.

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.