Saltar ao contido principal

Uma

 Os Border collie están de moda en Vigo. Tanto, que, de seguir así, acabarán declarando especie invasora a este can intelixente e montañeiro.

Non sei se Uma é a exemplar máis lista ou a máis bonita das que andan por Vigo. A min parécemo, pero recoñezo que non son parcial porque lle teño cariño.












Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Serra Cuera

  Esta pequena serra está a poucos kilómetros do mar, enriba de Llanes e preto de Cabrales.  En Asturias. Descoñecía estas montañas antes de ir co clube de montaña Peña Trevinca a visitalo.  E como pasa algunas veces, non se puido ver moito porque fixo un tempo malísimo.  Pero sempre queda alguna estampa que paga a pena na montaña.

Altri Non

  Teño ido a varias manifestacións multitudinarias en Compostela. As do Prestige e o Nunca Máis, as da lei depredación, contra a xestión do monte ante os lumes, en contra das diferentes guerras... pero nunca estiven nunha con tanta xente coma esta.  Encheuse e valeirouse varias veces a praza do Obradoiro (outras veces era na Quintana, que me parece máis pequena).  Estas imaxes tampouco reflexan a cantidade de xente, nin son de moito valor xornalistico.  Tampouco o prentendo, quería que quedara de lembranza. Ogallá se impoña o senso común, e as personas que teñen o poder de decidir paren este macro proxecto.  No que os postos de traballo que pode crear non compensa en absoluto os que pode destruir ou poner en perigo.  Ese emprego tampouco compensaría o dano ao noso patrimonio natural e cultural, nin o deterioro dos medios naturais que se verían afectados.  E sería a entrega definitiva dos nosos montes ao modelo forestal que entende o territorio como una...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Selva Irati

  Sempre tiven moitas ganas de visitar este bosque. Así que aproveitando que quedaba de camiño a volta de un viaxe a Pirineos, fixen por facer parada un par de días. Nese par de días, non vimos o sol. Pódese pensar que polo frondoso da foresta, pero realmente foi pola nevoa e choiva que nos acompañaron en todo momento. E iso que era en pleno agosto. Pero a min gustoume moito igual. ou máis, porque as névoas danlle un aire máis mistico e misterioso.  E nas fotos queda moi ben.