Chámase así a zona que está entre Riaño e o porto de San Glorio, no municipio de Boca de Huergano.
As fotos desta entrada foron feitas na subida ao Coriscao e outro día dando un paseo ata o collado de Llesba.
As vistas dende o Coriscao ata os Picos de Europa en Cantabria son espectaculares. Diferencianse os tres macizos perfectamente.
Ese día quixemos ir ata o Pico Vallines, pero había moito nevero en pendente e cambiamos de plan por non ter equipo axeitado. Ainda así, deu para facer bastantes fotos.