Saltar ao contido principal

Publicacións

Barragán

 En Galicia, a terra dos mil ríos, posiblemente o Barragán non deixe de ser un máis. Outro deses regos con moreas de recunchos que, por sorte, mantense sen estragar. Quizáis por non ter acceso inmediato nin cercano dende as grandes urbes, ou por non ter un percorrido moi sinxelo, ou por ter a fortuna de non estar cruzado polo trazado de ningunha autoestrada ou via do tren, o afluente do Oitavén conserva a súa contorna nun estado aparentemente intacto, alonxado de masificacións ou aberracións. A fraga do Barragán é das máis fermosas da provincia de Pontevedra. Fotos feitas no percorrido do PR164

Senda de Camille: Castillo de Acher e Oza

    Castillo de Acher Selva de Oza Vacas baixo o Costatiza Admirando as cores do castelo Bisaurín Curiosa Baixando por Taxeras Caminar nun conto de fadas  (Selva de Oza + filtro) Para min e a etapa máis fermosa. Atravesar a selva de Oza tira moito para arriba, pero é un tupido e espeso bosque de faias, onde a pouca luz que entra na foresta colase entre as follas como si se tratase dun conto de fadas. Saindo do bosque, a subida ao collado de Secús transcurre entre prados de vacas, flanquedados entre as paredes do Costatiza por un lado, e do propio Castelo de Acher polo outro. Os tonos da terra vermella van gañando protagonismo entre o verde da herba a medida que se ascende. No collado de Secús, cando se alcanza a altura do Castelo, a vista resulta de ensoño. As impresionantes formaciones rochosas e a mestura de cores variadas alcanzan o seu culme. Na baixada hacia Gabardito, polo pouco transitado val de Taxeras (apenas hai sendero) podemos admirar a imponente figura do Bis...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Senda Camille: Lescun, Petrachema e Anzotiello

  Paso do Petrachema Lescun Queres queixo? Aiguille D'Ansabere dende Petrachema Foyas de L´ingeniero Chegando a Linza Cara o Anzotiello Contraluz Midi D´Ossau dominando o horizonte Cara Oza Na terceira etapa da Senda de Camille vólvese a Aragón, polo paso do Petrachema. Xusto a carón da famosa “Mesa de los tres Reyes”, onde confluen os antigos reinos de Aragón, Navarra e Francia. A subida ata o collado é continua, entre bosques e prados, onde non faltan cabanas de pastores nas que mercar queixo de ovella. O Petrachema xa é un paso de montaña, de rocha e sen herba. Igual que a baixada ata Linza, polas “Foyas del Ingeniero”, de curioso nome. Na seguinte xornada o porto a superar é o Anzotiello. Rochoso tamén pero menos dificultoso. Entramos no val que leva ata a selva de Oza. Ao fondo, como en case todos os collados, o Midi D´Ossau dominando o horizonte.   Máis fotos da Senda de Camille aquí

Senda Camille: Pirineo Francés

  Midi D´Ossau Bosque Espelunguera Ibon D´Arlet Paisaxe de conto Siluetas do Solpor Frontera Rebaños a 2000m Ruta da Liberdade Coll de Palo Ovellas Comezamos a Senda de Camille partindo de Somport hacia Francia. Creo que é boa opción porque o refuxio Aysa semella máis cafetería de frontera que refuxio clásico. No pirineo francés subese entre bosques e rebaños de ovellas ata o refuxio de Arlet, situado nun entorno de conto: a carón de un ibón rodeado de montañas, e coa silueta impoñente do Midi D´Ossau ao fondo. Subindo un pouco máis arriba, hacia o Col D´Arlet (que é a frontera con Aragón), podemos ver por vez primeira o Castillo de Acher, o Bisaurín, e as Augas tortas, ademáis de unha perspectiva idílica do refuxio e o seu lago.   A segunda etapa discurre pola frontera entre Francia e Aragón. Permite vislumbrar ambos territorios e ver o paso da ruta da liberdade, por onde tanto españois como franceses escapaban do fascismo; durante a guerra civil española uns, e durante a seg...

Atmósferas en Saians

Hai días nos que a névoa se extende pola ría de Vigo, pero non é alta dabondo para cubrir os montes da contorna. Neses días, ao subir polos bosques de Saians e San Miguel, ao alzanzar o límite da brétema, as escenas que aparecen resultan ben curiosas.  A choiva e a névoa pechada, na que os eucaliptos resultan ainda máis tétricos, dan paso aos raios de Sol cando se vai gañando altura O sol tenta colarse entre as ramas das arbores, mentres a capa de neboa que envolve todo realza os raios de luz, creando unha atmósfera case de conto. Lendas do bosque Camiñando entre nevoas Inicio Invasores escondidos Raios Choiva, charcos e eucaliptos Atmósfera de conto Luces entre arbores Os que saen coa auga