Saltar ao contido principal

Cavalls Del Vent. Etapa 3


Etapa 3: Serrat de les Esposes - Niu d'Aliga.


Etapa raiña do Cavals de Vent. A máis dura, pero quizáis a máis fermosa.
Etapa reina del Cavalls del Vent. La más dura, pero quizás la más bonita.

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Cumios do Moixeró

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/400s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Gardiana do prado

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/500s f/5.6 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Prado de Moixaró e Penyas Altes

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 18mm 1/250s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Obxectivo: Pedraforca

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 50mm 1/250s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Rebaño en altura

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Penyes Altes

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/320s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Vistas dende Niu D'Aliga

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/11 ISO125

Cavalls del vent. Cadí Moixeró niu d'aliga serrat de les esposes. penyes altes
Interperie

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/11 ISO125

 

Avisaranos todo o mundo no refuxio de Serrat de les Esposes, para chegar a Niu d'Aliga "os vais a cagar", "és una pujada molt forta". É o que dicía a xente que viña de facer a baixada. Ao parecer, o motivo polo que todo o mundo fai o traxecto o revés é por evitarse todo o desnivel que hai entre estes dous refuxios. Sae uns 1500m de desnivel positivos, con dúas partes das que nos avisaron ben: A subida polo bosque ata o Pla de Moixeró, e a subida dende o Coll de Jou ata o Niu d'Aliga.
A verdade é que as dúas partes cumpliron as espectativas.
A subida do bosque colleunos cedo e con sombra, pero por momentos había que botar as mans. Coa humedade que tiña, imaxinamos que debe de ser complicado de baixar chovendo, xa que aparecía lama cada pouco.
Os prados do Plat de Moixeró son preciosos. Rebaños de vacas pacen a gran altura, entre colinas verdes e impoñentes montañas ao fondo. Volvemos a ver o pedraforca,  esta vez co ceo despexado, e o Comabona. Decidimos desviarnos para subir ao Moixeró (2091m), xa que parece bastante asequible porque a subida é polo prado. As vistas cara o sur son espectaculares. Ao fondo, divisase as siluetas de Montserrat.
Continuamos o sube-baixa por prado e bosque ata chegar as Penyes Altes (2279m). Hai algún paso no que hai que botar as mans e facer unha trepadiña. De feito, hai unha corda para maior seguridade da xente que baixa, a que vaia en sentido contrario a nós.
As Penyes Altes teñen unhas vistas impresionantes. O Moixeró aparece pequeniño e verde abaixo, e ao fondo os sempre presentes Comabona e Pedraforca. Cara o leste, xa divisamos o obxectivo do día: o Refugi Niu d'Aliga.
Comemos e retomamos a marcha. O refugi deixase ver de cando en vez, pero parece que non nos acercamos nunca. Tramo rompepernas entre bosque ata o Coll de Jou (2021m, histórico paso de contrabandistas e de maquis), e a partir de ahí, unha subida entre rochas implacable ata o Niu d'Aliga (2510m). Quizáis en outras circunstancias non sería para tanto, pero a calor, o sol sen sombra, a hora do día (3 da tarde), e o subir constante fixo que este tramo resultarame especialmente duro. Tiña que parar por momentos por falta de aire. Era frustrante. Entendin perfectamente porqué todo o mundo fai o Cavalls de Vent no sentido contrario. Pero, por fin, rematou. E as vistas dende o refuxio recompensaron con moito o esforzo.


-x-
Todo el mundo nos había avisado en el refugio de Serrat de les Esposes: para llegar al Niu d´Aliga, “os vais a cagar”, “és una pujada molt forta”. Es lo que comentaba la gente que venía de hacer la bajada. Al parecer, el motivo por el que todo el mundo hace el trayecto al revés es por evitar todo el desnivel que hay entre los dos refugios. Sale unos 1500m de desnivel positivos, con dos partes duras de las que nos previnieron bien: La subida por el bosque hasta el Pla de Moixeró, y la subida desde el Coll de Jou hasta el Niu d´Aliga.
La verdad, es que las dos partes cumplieron las expectativas.
La subida del bosque nos la encontramos temprano y con sombra, pero por momentos había que echar las manos al suelo. Con la humedad que había, imaginamos que deber ser complicado bajar con lluvia, ya que el barro aparecía cada poco.
Los prados del Pla de Moixeró son muy bonitos. Rebaños de vacas pacen a gran altura, entre colinas verdes y imponentes montañas al fondo. Volvemos a ver el Pedraforca, esta vez con el cielo despejado, y el Comabona. Decidimos desviarnos de la ruta del Cavalls para subir el Moixeró (2091m), ya que parece bastante asequible porque la subida es por el prado. Las vistas cara el sur desde la cima son espectaculares. Al fondo, se divisan incluso las siluetas de Montserrat.
Contiunuamos el sube-baja por prado y bosque hasta llegar a Penyes Altes (2279m). Hay algún paso en el que hay que trepar y echar las manos. De hecho, hay una cuerda para mayor seguridad de la gente que baja, es decir, la que va en sentido contrario al nuestro.
Las Penyes Altes tienen unas vistas impresionantes. El Moixeró aparece pequeñito y verde debajo, y al fondo los siempre presentes Comabona y Pedraforca. Hacia el este, divisamos el objetivo del día: el Refugi Niu d´Aliga
Comemos y retomamos la marcha. El refugio se deja ver de vez en cuando, pero parece que no nos acercamos nunca. Hacemos un tramo rompepiernas entre bosque hasta el Coll de Jou (2021m, histórico paso de contrabandistas y de maquis), y a partir de ahí, una subida entre rocas implacable hasta el Niu d´Aliga (2510m).Quizás en otras circunstancias no sería para tanto, pero el calor, el sol sin sombra, la hora que era (3 de la tarde), y el subir constante hizo que este tramo resultara especialmente duro. Tuve que parar por momentos por falta de aire. Era frustrante. Entendí perfectamente porque todo el mundo hace el Cavalls del Vent en el sentido contrario. Pero, al fin, terminó. Y las vistas desde el refugio compensaron todo el esfuerzo.


 

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.